Wednesday, December 5, 2007

Mestre da interpretación...


Hoxe meu blog,vai adicado a este XENIO,que tanto gostei de ver na TVG cando era un neno.Moitas gargalladas arrincaron no tempo que estiveron en antena tanto el como o seu compañeiro "Morris",na serie de "Pratos Combinados".Velaquí tendes unha pequena biografía deste ribadaviense:

Ernesto Chao

Ribadavia (Ourense) 1943



Popularizado no papel de Miro na exitosa teleserie “Pratos combinados” emitida pola TVG. É ante todo un actor de teatro cunha carreira ininterrompida desde 1969. Foi director do Centro Dramático Galego durante dúas temporadas (1986-87). Protagonizou o telefilme “Condenado a vivir” e ten traballado nunha ducia de produccións cinematográficas desde 1985, o mesmo ano no que comeza a súa carreira televisiva, ligada a TVE e especialmente á TVG. En TV participou nunha vintena de programas de formatos diversos, contando co papel do reitor na teleserie de Antena 3 "Aquí no hay quien viva".

1 comment:

Tamara said...

Pratos combinados... Es la mejor serie que existe!! Que pena que la hayan quitado.
Me reí mucho con el video!! Si yo me encontrara a tanta gente corriendo, también me daría la vuelta y correría, jeje!
Un saludo!!